Seminario para a análise e propostas sobre o curriculum de Matemáticos no bacharelato

Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 119-122 (2020)

https://doi.org/10.54954/202089119

Acceso ao artigo completo en PDF

Seminario para a análise e propostas sobre o curriculum de Matemáticas no bacharelato

Benjamín Macía Fernández (IES Blanco Amor)

Organizado pola Comisión de Educación do CEMat (Comité Español de Matemáticas) celebrouse, do seis ao oito de marzo deste ano 2020, o Seminario para a análise e propostas sobre o currículo de Matemáticas no Bacharelato. Foi subvencionado polo CEIM (Centro Internacional de Encontros Matemáticos), tendo lugar na sede do mesmo, na localidade de Castro Urdiales. Asistín á mesma en representación da nosa organización, á que lle agradezo terme brindado esta posibilidade e, dado o interese destas xuntanzas, animo a outros asociados a participar en convocatorias semellantes. O seminario estruturouse nos seguintes apartados:
Que bacharelato queremos e para que?
O currículo de Matemáticas no Bacharelato de Ciencias.
O currículo de Matemáticas no Bacharelato de Ciencias Sociais.
Transición entre ESO e Bacharelato e entre Bacharelato e Universidade.
Conclusións.
En cada un dos apartados (o primeiro deles tivo dúas partes), dous ou tres poñentes expuñan as súas reflexións sobre o mesmo e un coordinador moderaba a exposición e o debate posterior.
A continuación recollo as exposicións feitas en cada un deles.

Como citar este artigo:

Macía Fernández, B. (2020). Seminario para a análise e propostas sobre o curriculum de Matemáticas no bacharelato. Boletín das Ciencias, 89, 119-122. DOI: 10.54954/202089119.