De hidróxeno a hidróxeno

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 53-60 (2020)

https://doi.org/10.54954/202090053

Acceso ao artigo completo en PDF

De hidróxeno a hidróxeno

Jesús Fidalgo Fernández (IES Rosalía de Castro)

Vou falar de memoria e a memoria é fráxil e selectiva, cada vez máis fráxil, máis selectiva, e máis politicamente incorrecta, por iso pido desculpas anticipadas se os feitos diverxen da realidade; pero isto pretende ser unha visión persoal, case introspectiva, da miña relación coa Táboa Periódica.
Por onde comezar?…Nun exceso de orixinalidade, polo principio: o hidróxeno. É o primeiro elemento que me veu a mente á hora de establecer esta relación miña coa Táboa Periódica. As razóns poderían ser múltiples, pero elixamos a mais pragmática: Instituto de Bacharelato Xoán Montes, Lugo, Xuño de 1988. Oposicións de Agregados de Bacharelato. Tema a desenvolver: Ácidos e bases.
Obviando o feito de que a famosa “transferencia de protóns” leve a confusións derivadas da incorrecta apreciación que resulta de empregar H+ en vez de H3O+, aí comeza todo o que teño que agradecerlle a ese transcendental elemento da Táboa Periódica. E non só polo soporte e estabilidade económica, senón por permitir que se me pague por facer algo do que desfruto.

Como citar este artigo:

Fidalgo Fernández, J. (2020). De hidróxeno a hidróxeno. Boletín das Ciencias, 90, 53-60. DOI: 10.54954/202090053.