Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 39-52 (2020)
https://doi.org/10.54954/202090039
Acceso ao artigo completo en PDF
Construíndo unha Táboa Periódica sostible
Sandra Fernández Fariña (Departamento de Química Inorgánica, Universidade de Santiago de Compostela)
Neste ano no que se están a celebrar os 150 anos da creación da táboa periódica por Mendeleev parécenos importante aumentar o interese do noso alumnado na aprendizaxe desta táboa. Para isto, a continuación, preséntase unha actividade innovadora para a aprendizaxe do Sistema Periódico dos elementos. A proposta busca fomentar unha actitude máis positiva do alumnado cara a ciencia levando a cabo unha aprendizaxe contextualizada da táboa periódica dos elementos.
Para o seu desenvolvemento, proponse a metod oloxía de indagación coma estratexia de aprendizaxe activa e colaborativa, co obxectivo de promover o interese do alumnado e implicalo no seu propio proceso de ensinanza-aprendizaxe. Esta metodoloxía porase en práctica utilizando a ferramenta didáctica WebQuest. Nela, preséntase unha actividade na que as alumnas e alumnos terán que realizar unha busca de información de forma guiada partindo dun problema exposto para, posteriormente, analizar os datos obtidos e establecer conclusións.
Durante a actividade fomentarase o traballo colaborativo, xa que o obxectivo para o alumnado é solucionar o problema de forma grupal e, a maiores, tratarase de potenciar a súa creatividade mediante a elaboración dun informe en forma de publicación de Instagram e dun vídeo para YouTube. Para finalizar a actividade, elaborarase unha táboa periódica sostible de forma grupal.
Como citar este artigo:
Fernández-Fariña, S. (2020). Construíndo unha Táboa Periódica sostible. Boletín das Ciencias, 90, 39-52. DOI: 10.54954/202090039.