Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 23-49 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497023
Acceso ao artigo completo en PDF
CERN: 70 anos de historia e ciencia
Ramón Cid Manzano e Xabier Cid Vidal (IFGAE, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías)
O CERN celebra o seu septuaxésimo aniversario en 2024, sendo unha das institucións científicas máis sobranceiras do mundo. Neste artigo preséntanse informacións, datos e fitos sobre o seu desenvolvemento histórico, sobre os seus logros científicos e tecnolóxicos, as súas implicacións na sociedade, a presenza na universidade galega, e sobre o seu futuro.
Como citar este artigo:
Cid Manzano, R., Cid Vidal, X. (2024). CERN: 70 anos de historia e ciencia. Boletín das Ciencias, 97, 23-49. DOI: 10.54954/202497023