A Táboa Periódica en YouTube

Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 167-194 (2019)

https://doi.org/10.54954/201987167

Acceso ao artigo completo en PDF

A Táboa Periódica en YouTube

María Ángela Gómez Doval1 e José Vázquez Tato2 (1IES Sanxillao, 2Universidade de Santiago de Compostela)

A irrupción de internet nas nosas tarefas diarias puxo a disposición, mediante un simple click, unha serie de ferramentas e un caudal de información que fai apenas dez años eran impensables. En particular, para os propósitos deste capítulo, cabe citar o canle YouTube. Como exemplo paradigmático do que no canle podemos atopar citaremos un vídeo sobre a transformada de Fourier. No mesmo se combinan, con gran maestría, o son e unha representación animada da transformada de Fourier. Esta capacidade de animación, é a que fai que o vídeo sobresaia doutros medios didácticos convencionais como o clásico encerado, as diapositivas ou as transparencias, todas elas de natureza estática, carecentes de movemento e de son, que sí son factibles nos vídeos de YouTube. Mellor que describir o vídeo en detalle é aconsellar a súa visualización. Para facelo pode animarnos o comentario de P. Pawar quen afirma: “Oh… ¡Meu Deus ! Este vídeo ensinoume máis matemáticas que dous anos de clases de Enxeñería”.

Como citar este artigo:

Gómez Doval, M. A., Vázquez Tato, J. (2019). A Táboa Periódica en YouTube. Boletín das Ciencias, 87, 167-194. DOI: 10.54954/201987167.