Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 103-115 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987103
Acceso ao artigo completo en PDF
A IUPAC na axuda da confección do Sistema Periódico
Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro, Laura Rodríguez-Silva e María Isabel Fernández García (Universidade de Santiago de Compostela)
O ano 2019 foi nomeado pola ONU “Ano Internacional do Sistema Periódico” para celebrar numerosas efemérides no mundo da Química. Entre outros acontecementos celébranse: os 230 anos da publicación do famoso libro de Lavoisier o “ Tratado Elemental de Química”, onde aparece por vez primeira unha táboa onde están recollidos os elementos químicos coñecidos na época; os 150 anos da publicación da famosa “Táboa Periódica” por Dimitri Mendeleev e os 100 anos da creación da IUPAC (acrónimo en inglés da chamada Unión Internacional da Química Pura e Aplicada), entre outros acontecementos. Neste capítulo trataremos de establecer e explicar a relación existente entre a IUPAC e o Sistema Periódico ao longo da historia da Química.
Para posicionármonos na historia da ciencia e nestes acontecementos, compre dicir que no xermolo desta relación (a da IUPAC co Sistema Periódico) está o congreso de Karlsruhe do ano 1860, que daría lugar tanto á aparición da actual táboa periódica como no futuro á constitución da IUPAC e á súa presenza continua na denominación dos elementos químicos.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., Maneiro, M., Rodríguez-Silva, L., Fernández García, M. I. (2019). A IUPAC na axuda da confección do Sistema Periódico. Boletín das Ciencias, 87, 103-115. DOI: 10.54954/201987103.