Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 29-37 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395029
Acceso ao artigo completo en PDF
A colección de tubos de descarga do IES Lucus Augusti
Carlos Emilio Reigosa Castro (IES Lucus Augusti)
Neste artigo descríbese a colección de tubos de descarga e outros elementos empregados no pasado para a docencia da física e da química no IES Lucus Augusti. Esta colección foi obxecto dunha exposición no instituto a finais do curso 2021/22 e agora está no museo do centro educativo, onde se pode visitar. Neste museo, ademais, hai outros moitos obxectos de interese, e todas as visitas son benvidas.
Como citar este artigo:
Reigosa Castro, C. E. (2023). A colección de tubos de descarga do IES Lucus Augusti. Boletín das Ciencias, 95, 29-37. DOI: 10.54954/202395029