Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 11-19 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987011
Acceso ao artigo completo en PDF
2019 Ano Internacional do Sistema Periódico. Un proxecto para un país
Manuel R. Bermejo, Sandra Fernández Fariña, M. Isabel Fernández García, Esther Gómez Fórneas, Luis M. González Barcia, Ana M. González Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido, Laura Rodríguez Silva, María J. Romero, Lara Rouco, Beatriz Fernández, M. Inés García Seijo, Manuel Vicente (Grupo CienciaNOSA, Universidade de Santiago de Compostela)
O ano 2019 foi declarado ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA polas Nacións Unidas, para conmemorar os 150 anos da publicación por Dimitri Mendeleev da súa táboa periódica e por se celebrar o centenario da creación da IUPAC; pero non se escoita falar nada polo noso País de tal acontecemento. Ao noso grupo de investigación educativa CienciaNOSA pareceunos oportuno facer unha profunda reflexión, no noso XXXI congreso de ENCIGA, sobre tan importante e transcendente acontecemento. Pretendiamos facer unha chamada en alta voz para resaltar este transcendental feito e reclamar das nosas autoridades académicas e políticas a súa implicación neste relevante acto con actuacións específicas. Desde ENCIGA, o noso grupo de investigación queriámonos poñer diante do carro para tirar del e facer deste ano un ano frutífero para a nosa ciencia.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., Fernández Fariña, S., Fernández García, M. I., Gómez Fórneas, E., González Barcia, L. M., González Noya, A. M., Maneiro, M., Pedrido, R., Rodríguez Silva, L., Romero, M. J., Rouco, L., Fernández, B., García Seijo, M. I., Vicente, M. (2019). 2019 Ano Internacional do Sistema Periódico. Un proxecto para un país. Boletín das Ciencias, 87, 11-19. DOI: 10.54954/201987011.