Unha visión (particular) da Táboa Periódica desde a Química Orgánica

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 203-214 (2020)

https://doi.org/10.54954/202090203

Acceso ao artigo completo en PDF

Unha visión (particular) da Táboa Periódica desde a Química Orgánica

Susana López Estévez (Universidade de Santiago de Compostela)

A Química Orgánica defínese como a química do carbono e os seus compostos. Estímase que máis do 95% das substancias químicas coñecidas son compostos do carbono e, por tanto, compostos orgánicos. Esta enorme cantidade, e a diversidade que leva aparellada, son posibles grazas ás características especiais do carbono, elemento tetravalente que pode formar cadeas de lonxitude e ramificación variable. Estas cadeas adoitan conter tamén hidróxeno, polo que acostúmase dicir que os compostos orgánicos están formados por cadeas hidrocarbonadas.
Este esqueleto hidrocarbonado é a base sobre a que desenvolven a súa química un bo número doutros elementos (heteroátomos), sendo os máis frecuentes: osíxeno, nitróxeno, halóxenos, xofre e fósforo. Estes átomos, ou grupos de átomos, organízanse formando grupos funcionais. Cada grupo funcional presenta unhas propiedades características e determina a reactividade da molécula no seu conxunto.

Como citar este artigo:

López-Estévez, S. (2020). Unha visión (particular) da Táboa Periódica desde a Química Orgánica. Boletín das Ciencias, 90, 203-214. DOI: 10.54954/202090203.