TRABALLANDO EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN: UN PUNTO DE VISTA MOI IMPORTANTE: O DO ALUMNADO

Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 139-146 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497139

Acceso ao artigo completo en PDF

Traballando en proxectos de investigación: un punto de vista moi importante: o do alumnado

Rodrigo Díaz Enríquez, Miguel A. Yebra Ferro (IES Lagoa de Antela)

Este artigo pretende coñecer a experiencia dun grupo de alumnos que este curso estudan 2ºde Bacharelato Científico e que estaban realizando traballos de investigación en grupo reducido dende 2º  da ESO ata 1ºde Bacharelato, en horario extraescolar. Estes alumnos formaron parte do club de ciencias do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia (Ourense). Pretendemos presentar un punto de vista diferente ao do profesor coordinador do devandito club de ciencias, un punto de vista máis próximo ao que realmente se sente ao pertencer ao club de ciencias, o das persoas máis importantes na realización de pequenas e grandes tarefas, proxectos de investigación ou indagacións.

Como citar este artigo:

Díaz Enríquez, R., Yebra Ferro, M. A. (2024). Traballando en proxectos de investigación: un punto de vista moi importante: o do alumnado. Boletín das Ciencias, 97, 139-146. DOI: 10.54954/202497139