Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 105-119 (2020).
https://doi.org/10.54954/202090105
Acceso ao artigo completo en PDF
Tomás Batuecas: Un químico galego no sistema periódico
Ramón Cid e Manolo R. Bermejo (Universidade de Santiago de Compostela)
Este ano 2019 estanse celebrando moitos acontecementos relacionados coa química: os 150 anos da creación da T. P. moderna, por Dimitri Mendeleev; os 1 00 nos da entrada en funcionamento da IUPAC; os 230 anos da publicación do “Tratado Elemental de Química”, de Antoine Lavoisier;…etc. Na nosa Asociación, ENCIGA, iniciamos o pasado ano 2018, no congreso XXXI que tivo lugar en Lalín, a antesala das celebracións deste ano e, entre outros moitos actos, publicamos un exemplar extraordinario do noso Boletín, o Nº 87, dedicado a lembrar, situar e comentar as diversas celebracións deste ano 2019.
Este ano, tamén, escolleuse como científico do ano en Galicia a Tomás Batuecas Marugán. Ten algo que ver, este científico galego, coa táboa periódica? Terá algo que ver coa IUPAC? Cal é a posible razón da súa elección como galego do ano no mundo da ciencia? Sabemos cal é a súa transcendencia científica?.
Con motivo da celebración do día da ciencia en Galicia, o Consello da Cultura Galega encargounos a realización dunha Unidade Didáctica dedicada a facer unha semblanza da contribución científica do personaxe homenaxeado. Neste artigo queremos lembrarvos a todos vos a valía científica deste destacado profesor universitario galego.
Como citar este artigo:
Cid, R., Bermejo, M. R. (2020). Tomás Batuecas: un químico galego no sistema periódico. Boletín das Ciencias, 90, 105-119. DOI: 10.54954/202090105.