Táboas Periódicas para todo tempo e lugar (2ª edición)

Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 209-218 (2019)

https://doi.org/10.54954/201987209

Acceso ao artigo completo en PDF

Táboas Periódicas para todo tempo e lugar (2ª edición)

Ramón Cid Manzano (IES de Sar)

No ano 2009, publicouse nesta revista un artigo1 no que se recollía o resultado dunha actividade levada a cabo no curso 2007/08 por alumnado de ESO do IES de Sar (Santiago), co gallo do centenario do pasamento de Mendeleiev. A actividade consistíu na búsqueda na rede das diferentes propostas que tiñan a clasificación periódica dos elementos químicos como centro de interese.
Dez anos despois, durante o presente curso (2018/19) realizouse unha actividade semellante cun grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO e de 1º BAC, aproveitando a celebración dos 150 anos da publicación da primeira Táboa Periódica dos elementos químicos.
De igual maneira que hai dez anos, sen grandes obrigas nin presións, conseguimos que aparecesen debates espontáneos entre eles á hora de considerar se unhas ou outras eran mellores ou peores, de forma que, case sen querer, estaban falando de elementos químicos, da maneira de ordenalos, dos nomes dos grupos ou familias, das propiedades que aparecían, da gran cantidade delas atopadas, de cómo se dicía tal ou cal elemento en diferentes linguas, etc.
O propósito aquí é mostrar unha parte do resultado desta actividade, sendo o proceso o verdadeiramente importante, e non tanto as imaxes que de seguro son coñecidas por moitos e moitas.

Como citar este artigo:

Cid Manzano, R. (2019). Táboas Periódicas para todo tempo e lugar (2ª edición). Boletín das Ciencias, 87, 209-218. DOI: 10.54954/201987209.