Sete leccións da COVID

Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 37-51 (2021)

https://doi.org/10.54954/202192037

Acceso ao artigo completo en PDF

Sete leccións da COVID

Constantino Armesto Ramón

O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declara pandemia a infección causada polo SARS-CoV-2. Hoxe pode anunciarse que xamais na historia da ciencia houbo tanto coñecemento acumulado sobre un virus aos poucos meses de descubrirse; pero a epidemioloxía, como calquera ciencia, necesita tempo para repetir os experimentos e confirmar os resultados; o quefacer científico non é compatible coa présa dos medios de comunicación ou a urxente demanda de información por parte do público (1). Ademais, a epidemioloxía e a viroloxía corríxense continuamente (2), o que hai meses se dubidaba ou se ignoraba, hoxe sábese; talvez iso produza desconfianza nos profanos; pero os científicos saben que é o método correcto. Entre a abundante información sobre este virus en particular (3) e sobre os virus en xeral (4) vou seleccionar algúns resultados que talvez nos ilustren sobre o comportamento da natureza e os seus efectos sobre nós.

Como citar este artigo:

Armesto, C. (2021). Sete leccións da COVID. Boletín das Ciencias, 92, 37-51. DOI: 10.54954/202192037.