Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 129-148 (2020).
https://doi.org/10.54954/202090129
Acceso ao artigo completo en PDF
Química Analítica e Táboa Periódica e viceversa
M. Carmen Yebra Biurrum
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica (IYPT). Este acontecemento lembrou o 150 aniversario da creación da táboa periódica dos Elementos, xa que en febreiro de 1869 o químico ruso Dimitri Mendeleev (1834-1907) comunica á Sociedade Química Rusa de San Petersburgo a presentación da súa táboa periódica baseada na orde crecente dos pesos atómicos. Por tanto, esta celebración é motivo para que se reflexione sobre a relación existente entre a Química Analítica e a Táboa Periódica, é dicir o que esta disciplina da Química contribuíu para que fose posible establecer a Táboa Periódica, e o que esta achegou á Química Analítica. Un exemplo diso son os editoriais publicados sobre este tema en dous das revistas máis prestixiosas de Química Analítica como son Analytical Chemistry e Analytical and Bioanalytical Chemistry.
Como citar este artigo:
Yebra Biurrum, M. C. (2020). Química Analítica e Táboa Periódica e viceversa. Boletín das Ciencias, 90, 129-148. DOI: 10.54954/202090129.