QUE SABES DO ELEMENTO QUÍMICO GALICIO: Gl120?

Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 7-28 (2025)

https://doi.org/10.54954/202599007

Acceso ao artigo completo en PDF

Que sabes do elemento químico Galicio: Gl120?

Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro, Ana M. González-Noya, Rosa Pedrido-Castiñeiras, María J. Romero (Universidade de Santiago de Compostela)

Moitos anos atrás, un de nós realizaba exercicios de química na aula para realizar predicións sobre as posibilidades químicas dun inexistente elemento químico, que chamabamos o galicio (Gl118). Este elemento químico, inexistente naquela época (ano 1976), foi xa preparado no ano 2016, e foi nomeado oganesson. Hoxe, neste novo traballo, propoñemos un exercicio teórico similar para un novo elemento químico con número atómico Z=120, ao que chamamos Gl.
Neste traballo pretendemos partir da premisa de que somos quen de sintetizar un novísimo elemento: Gl120. Nel pretendemos utilizar a información que de momento temos sobre el, así como dos nosos coñecementos químicos, para empregalos na aula co noso alumnado. Poida que podamos ensinar, ao noso alumnado, como se pode soñar coa química deste novo elemento, aínda non existente!

Como citar este artigo:

Bermejo, M. R., Maneiro, M., González-Noya, A.M., Pedrido-Castiñeiras, R., Romero, M.J. (2025) Que sabes do elemento químico Galicia: Gl120? Boletín das Ciencias, 99, 7-28. DOI: 10.54954/202599007