Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 17-28 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395017
Acceso ao artigo completo en PDF
Que cae máis rápido, un elefante real ou un de poliestireno? Caída real versus caída libre
Andrés M. García-Verdugo Delmas (IES Tomás Mingot)
A explicación da caída dun corpo segundo o modelo da caída libre no baleiro está ás veces moi lonxe do que se pode observar na realidade, e con frecuencia preséntase aos estudantes como a única e verdadeira lei física que describe a caída de calquera obxecto, asumindo un rango de aplicación moito maior que o que lle corresponde.
É preciso ter un modelo axeitado para describir a caída dos corpos no aire, e por que non? aplicalo directamente na aula, xunto coa aproximación da caída libre, cando queremos describir casos de caídas reais.
Neste traballo desenvólvese un modelo para a caída considerando o movemento nun fluído. Para facilitar o seu uso na práctica, elaborouse unha folla de cálculo que permite obter todos os parámetros cinemáticos da caída real, incluíndo gráficos, a partir dos datos iniciais do corpo que vai caer, así como comparalos coa súa hipotética caída no baleiro.
Como citar este artigo:
García-Verdugo Delmas, A. M. (2023). Que cae más rápido, un elefante real ou un de poliestireno? Caída real versus caída libre. Boletín das Ciencias, 95, 17-28. DOI: 10.54954/202395017.
