PROXECTO SOBRE A ORNITOLOXÍA CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 207-214 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497207

Acceso ao artigo completo en PDF

Proxecto sobre a ornitoloxía co alumnado de educación primaria

Jessica Rodríguez Piñeiro (CEIP Plurilingüe de Cedeira)

A observación atenta e pausada é unha práctica pouco frecuente nas nosas escolas porque levamos un ritmo demasiado frenético como para pararnos en pequenos detalles. O mesmo ocorre co contacto do alumnado coa contorna exterior. Este proxecto de aprendizaxe é unha oda á importancia de gozar da contorna de Cedeira en Redondela, en concreto das aves, recoñecelas, observalas, coñecer as súas formas de vida como camiño cara ao respecto e coidado das mesmas.
Tal e como se indica nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), a ciencia é fundamental para a consecución dun mundo máis sostible, igualitario, xusto, saudable,…Precísanse métodos para traballar as ciencias na escola que permitan ao alumnado resolver problemas contextualizados no mundo real.
É por este motivo que decidimos levar a cabo un proxecto co alumnado de segundo curso de educación primaria no Ceip Plurilingüe de Cedeira, un pequeno centro rural de Redondela.

Como citar este artigo:

Rodríguez Piñeiro, J. (2024). Proxecto sobre a ornitoloxía co alumnado de educación primaria. Boletín das Ciencias, 97, 207-214. DOI: 10.54954/202497207