Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 37-46 (2020)
https://doi.org/10.54954/202089037
Acceso ao artigo completo en PDF
Proposta didáctica e deseño dun experimento sobre a forza de rozamento en superficies
Ismael Cabodevila Pividal e María J. Romero (Universidade de Santiago de Compostela)
Hoxe en día, a Física e a Química enténdense como parte ou porción de algo máis grande que denominamos Ciencias. Neste senso, concíbese ciencia como “unha parte importante da nosa cultura porque ofrece un conxunto de historias explicativas substantivas que nos contan cousas novas importantes e interesantes sobre nós mesmos e sobre o mundo no que vivimos, cousas que demostraron ser perfectamente fiables e útiles”. Isto non debe ser entendido no sentido de que a ciencia ten un valor de autoridade absoluta en canto ao coñecemento da realidade do mundo que nos rodea. Máis ben, a ciencia debe ser entendida como un compendio de coñecemento baseado na observación, que nos ofrece unha realidade novidosa e sorprendente que se encontra lonxe, na maioría de ocasións, do que parece ser algo de modo inmediato, e na cal se pode confiar, tanto para actuar no noso día a día, como para desenvolver avances científicos ou tecnolóxicos que melloren a nosa vida. Ninguén dubida da necesidade de transmitir estes coñecementos científicos ás novas xeracións e que estas sexan quen de adquirilos de forma axeitada. Neste sentido, débese destacar o papel clave que vai xogar a escola, entendida como o principal axente responsable da reprodución cultural e, en consecuencia, da ciencia.
Como citar este artigo:
Cabodevila Pividal, I., Romero, M. J. (2020). Proposta didáctica e deseño dun experimento sobre a forza de rozamento en superficies. Boletín das Ciencias, 89, 37-46. DOI: 10.54954/202089037.