PRÁCTICAS DE CATA NO LABORATORIO DE CIENCIAS

Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 195-198 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497195

Acceso ao artigo completo en PDF

Prácticas de cata no laboratorio de ciencias

Marta Ramada Zamora (IES Politécnico de Vigo)

Estas prácticas están dirixidas ao alumnado de secundaria, podendo realizarse co alumnado de 3ºESO ou de 1º de bacharelato, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, ao longo das unidades nas que se estudan os órganos dos sentidos. Tamén podería desenvolverse nos ámbitos científicos, tando nos Programas de Diversificación Curricular como de  FP Básica, nos que a desenvolvemos e adoita ser todo un éxito!
O obxectivo destas prácticas é poñer de manifesto a percepción dos sabores e a diferenciación dos mesmos, ao longo dunha serie de experiencias nas que se catan diferentes substancias.
Estas prácticas resumen as técnicas que se empregan na industria alimentaria cando pretenden levar ao mercado un novo produto  de “marca branca”, que sexa semellante a outro xa existente.

Como citar este artigo:

Ramada Zamora, M. (2024). Prácticas de cata no laboratorio de ciencias. Boletín das Ciencias, 97, 195-198. DOI: 10.54954/202497195