Boletín das Ciencias, núm. 97, 167-174 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497167
Acceso ao artigo completo en PDF
Postimpresionismo, furanchos e o principio de Le Châtelier
Ángel Vidal Vidal (Universidade de Santiago de Compostela)
O uso maxistral da cor amarela na obra de Vincent van Gogh serve como fío condutor dunha secuencia de ensino-aprendizaxe baseada en traballos prácticos. Búscase que os alumnos exploren o binomio arte-ciencia mediante a indagación da relación existente entre os pigmentos que se empregan para crear obras de arte pictóricas e os fundamentos científicos e técnicos detrás destas substancias. Mediante actividades prácticas de laboratorio abórdase a degradación dalgúns pigmentos de obras postimpresionistas e reflexiónase como a química detrás dunha obra pode condicionar todo o proceso dende a súa creación ata a súa conservación.
Como citar este artigo:
Vidal Vidal, A. (2024). Postimpresionismo, furanchos e o principio de Le Châtelier. Boletín das Ciencias, 97, 167-174. DOI: 10.54954/202497167