POR QUE NON CAEN AS NUBES? POR QUE CHOVE CANDO CHOVE? QUE CONDICIÓNS FÍSICAS DETERMINAN O MOMENTO DA CHOIVA?

Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 199-205 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497199

Acceso ao artigo completo en PDF

Por que non caen as nubes? Por que chove cando chove? Que condicións físicas determinan o momento da choiva?

José María de la Viña Varela

Chama poderosamente a atención que se nos paramos a reflexionar sobre o peso dunha gota de auga, e o peso dun mesmo volume de aire circundante, como se pode explicar, como comprender que a pinga de auga no caia ó chan inmediatamente? Nas miñas clases de EXB e BUP tiña por costume buscar exemplos cotiás, que estando ó noso redor, desen conta dos múltiples exemplos que nos proporciona a Natureza de comportamentos, que poden ser explicados pola Ciencia, e que, por tanto, teñen un interese inmediato nas disciplinas de Física, Química e Matemáticas, para explicar dito comportamento. Tal é o caso de por que non caen as nubes, pero tamén teño falado de por que o ceo é azul, por que os planetas son redondos a partires dun certo tamaño, por que non caen os habitantes que están “abaixo” (no hemisferio Sur), por que os paxaros non se electrocutan ó pousar sobre as liñas de alta tensión, por que o ceo se pon vermello na saída e na posta diaria, e así máis exemplos que non poño aquí por extensión. Buscando unha explicación de contido científico, comecei a pescudar en Internet sobre unha explicación convincente de por que non caen as gotas de auga dunha nube, e mesmo como se forma. Para miña sorpresa non atopei ningún artigo que abondara neste campo; dando, en ocasións, explicacións case absurdas e moi pouco convincentes, cando non eludindo unha explicación máis rigorosa.

Como citar este artigo:

De la Viña Varela, J. M. (2024). Por que non caen as nubes? Por que chove cando chove? Que condicións físicas determinan o momento da choiva? Boletín das Ciencias, 97, 199-205. DOI: 10.54954/202497199