Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 127-137 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497127
Acceso ao artigo completo en PDF
Pensamento futuro para facer fronte ás pandemias na aula de ciencias
Inés Martínez Pena, Blanca Puig (Universidade de Santiago de Compostela)
As habilidades relacionadas co pensamento futuro resultan fundamentais para afrontar diversos retos socio-científicos de xeito consciente e responsable. Este tipo de pensamento debe orientarse cara a acción socio-científica, é dicir, debe servir para que o alumando tome decisións individuais e colectivas en relación con diversos retos socio-científicos. Por tanto, trátase dun aspecto que debe ser traballado nas aulas de ciencias de Educación Secundaria como parte da formación integral do alumnado. A pandemia de COVID-19 constitúe un contexto real e próximo ó alumnado ideal para o desenvolvemento do pensamento futuro. Neste traballo analizamos o tipo de pensamento temporal que posúe un grupo de estudantes de Bioloxía de 3º de Educación Secundaria en relación coa pandemia de COVID-19. Os resultados indican que a metade dos estudantes posúen evidencias de pensamento retrospectivo e presente en diversos graos de desenvolvemento. Ademais, a maioría dos estudantes mostraron pensamento prospectivo ou futuro. Análise global do tipo de pensamento (retrospectivo + prospectivo) evidenciou que a metade dos estudantes posúen só un tipo de pensamento temporal (retrospectivo ou prospectivo), mentres que unha minoría mostrou pensamento temporal completo. Estes resultados evidencian a necesidade de traballar o pensamento temporal e, especificamente, o pensamento futuro en relación con cuestións biolóxicas complexas.
Como citar este artigo:
Martínez Pena, I., Puig, B. (2024). Pensamento futuro para facer fronte ás pandemias na aula de ciencias. Boletín das Ciencias, 97, 127-137. DOI: 10.54954/202497127