Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 119-131 (2025)
https://doi.org/10.54954/202599119
Acceso ao artigo completo en PDF
Osíxeno e estrés oxidativo
Constantino Armesto Ramón
O diosíxeno é unha molécula esencial para a vida pois sen ela non poderían existir os seres vivos pluricelulares; con todo, non sempre estivo presente na atmosfera do planeta: nesta revisión analizamos a historia xeolóxica desta singular molécula. A pesar da súa necesidade, o exceso ou o defecto de diosíxeno prexudica ás células: analizamos as especies químicas oxidantes, que se xeran como subprodutos do uso de diosíxeno no metabolismo e danan as células; tamén sinalamos as moléculas que protexen ás células dos danos oxidativos causados polo uso do diosíxeno.
Como citar este artigo:
Armesto Ramón, C. (2025) Osíxeno e estrés oxidativo. Boletín das Ciencias, 99, 119-131. DOI: 10.54954/202599119
