OS SPIONs E AS SÚAS APLICACIÓNS

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 83-99 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395083

Acceso ao artigo completo en PDF

Os SPIONs e as súas aplicacións

Ana M. González-Noya, Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido Castiñeiras (Universidade de Santiago de Compostela)

A xeración dos novos materiais que están a aparecer e, de modo especial, os nanomateriais están abrindo as portas da transformación das industrias da actualidade e, tamén, a transformación das nosas propias vidas. Fálase de familias de novos materiais moito máis eficaces, como os bidimensionais: grafeno, grafino, carbinos, siliceno, xermaneno, estanneno, fosforeno, arseneno, antimoneno, bismuteno, disulfuro de molibdeno, borofeno, fluoreno, etc. Todos eles, hoxe, xa están sintetizados, son ben coñecidos e dadas as súas extraordinarias propiedades, estanse estudando para a súa utilización na vida actual. Entre estes novos materiais destacamos de modo moi especial os nanomateriais: os metamateriais, materiais artificiais con propiedades electromagnéticas inusuais; as teas de araña, máis resistentes que os cables de aceiro e moito máis flexíbeis; a nanocelulosa, moito máis forte que os plásticos actuais, moi semellante na súa utilización ao grafeno pero que, a diferenza del, é biodegradable; etc. Todos estes e moitos outros materiais están xa aquí chamando á nosa porta para seren utilizados na industria e na tecnoloxía, pero aínda quedan algúns anos para se facer cun oco na vida ordinaria. Neste artigo queremos presentar outro grupo de Nanomateriais Inorgánicos os, SPIONs, que representan a máis moderna achega, dende o mundo da química inorgánica, ao fascinante mundo dos Nanomateriais Inorgánicos.

Como citar este artigo:

González-Noya, A. M., Bermejo, M. R., Maneiro, M., Pedrido, R. (2023). Os SPIONs e as súas aplicacións. Boletín das Ciencias, 95, 83-99. DOI: 10.54954/202395083