Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 113-126 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497113
Acceso ao artigo completo en PDF
Os erros das enquisas electorais do 23 de xullo de 2023
José Antonio Carpente Sardiña (PES de matemáticas xubilado)
Este traballo recolle un estudo dalgunhas enquisas realizadas por distintas empresas sobre os resultados electorais das eleccións xerais do 23 de xullo de 2024. Para valorar e comparar as enquisas trabállase co erro relativo, facilmente calculable ao coñecerense os resultados reais das eleccións. Dada a gran cantidade de partidos e coalicións, considéranse só os resultados dos catro máis votados. Compleméntase o traballo co estudo por bloques e considerando só os dous partidos máis votados.
Como citar este artigo:
Carpente Sardiña, J. A. (2024). Os erros das enquisas electorais do 23 de xullo de 2023. Boletín das Ciencias, 97, 113-126. DOI: 10.54954/202497113
