O valor da presión estándar recomendado pola IUPAC e as súas implicacións na didáctica da química

Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 31-35 (2020)

https://doi.org/10.54954/202089031

Acceso ao artigo completo en PDF

O valor da presión estándar recomendado pola IUPAC e as súas implicacións na didáctica da química

Natalia Abelenda Lameiro (IES Terra de Soneira)

Desde 1982 a IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) recomenda para a presión estándar o valor de 105 Pa (=1 bar). Ata ese momento o valor habitualmente empregado era 101325 Pa (=1 atm).
A IUPAC recolle ası́ mesmo o termo “normal” -por exemplo en expresións como temperatura de ebulición normal- para referirse ao valor da magnitude a unha presión de 101325 Pa (=1 atm).
Os conceptos de presión estándar e presión normal son confundidos en moitos libros de texto de secundaria e mesmo de nivel universitario publicados con posterioridade ao ano 1982.
Unha imprecisión frecuente é a de seguir asumindo como valor estándar da presión 1 atm no lugar de 1 bar. Pese a que ambos valores non son moi diferentes isto conleva a diferenzas non sempre desprezables cando se calculan por exemplo volumes de gases ou constantes de equilibrio termodinámicas.

Como citar este artigo:

Abelenda Lameiro, N. (2020). O valor da presión estándar recomendado pola IUPAC e as súas implicacións na didáctica da química. Boletín das Ciencias, 89, 31-35. DOI: 10.54954/202089031.