O Sistema Periódico dende a perspectiva dun químico orgánico

Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 145-154 (2019)

https://doi.org/10.54954/201987145

Acceso ao artigo completo en PDF

O Sistema Periódico dende a perspectiva dun químico orgánico

Diego Peña Gil (Universidade de Santiago de Compostela)

A táboa periódica é unha das construcións humanas mais abraiantes que existen. Semella sinxela, formada ata o momento por 118 pezas que son os elementos químicos coñecidos, pero distribuídos dunha maneira especialmente harmoniosa que codifica unha información extremadamente valiosa. Sen dúbida, fascinante pola súa lóxica e orde. Pero ademais, o sistema periódico aglutina o coñecemento xerado por milleiros de persoas curiosas que contribuíron durante séculos a entender (as veces incluso a dominar) o mundo qu e nos rodea. En 2019 homenaxeamos especialmente a un deses pioneiros, o gran Dmitri Mendeleev, quen coa publicación da súa proposta de táboa periódica hai 150 anos cambiou a historia da química. Pero valoremos tamén as achegas doutros pioneiros, máis ou menos anónimos, dese inxente traballo colaborativo que é o sistema periódico. Porque facendo unha similitude co que din que dixo outro ilustre pioneiro da ciencia, Isaac Newton, atreveríame a dicir que Mendeleev logrou ollar mais aló porque estaba subido nos ombreiros de xigantes.

Como citar este artigo:

Peña, D. (2019). O sistema periódico dende a perspectiva dun químico orgánico. Boletín das Ciencias, 87, 145-154. DOI: 10.54954/201987145.