Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 195-208 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987195
Acceso ao artigo completo en PDF
O Sistema Periódico como ferramenta no ensino da química
Manuel R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro e Rosa Pedrido
A química é a ciencia do por qué e do para qué. Este capítulo, cuxa escritura estamos iniciando, tratará de dar resposta a estas preguntas no tema obxecto do libro; o Ano Internacional do Sistema Periódico, así como da súa importancia na comprensión e no estudo da química. O por qué está relacionado coa historia da química e do propio sistema periódico. Neste artigo pretendemos analizar para qué serve a táboa periódica na química; cómo os químicos e as químicas actuais nos servimos dela para entender as posibilidades químicas de cada elemento químico.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., González-Noya, A. M., Maneiro, M., Pedrido, R. (2019). O Sistema Periódico como ferramenta no ensino da química. Boletín das Ciencias, 87, 195-208. DOI: 10.54954/201987195.
