O PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN NA QUÍMICA

Boletín das Ciencias, núm. 97, 89-104 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497089

Acceso ao artigo completo en PDF

O principio de precaución na química

Constantino Armesto Ramón

Ao longo do século XX comprobouse, repetidas veces, que substancias químicas inofensivas a priori demostráronse prexudiciais para a saúde a posteriori. Existen máis de cen mil substancias químicas sintéticas no medio ambiente e ignórase a toxicidade tanto da maioría delas, como das súas mesturas. Algunhas substancias químicas son disruptores endocrinos, que contribúen ao desenvolvemento de numerosas enfermidades, outras substancias químicas son neurotóxicos, que están na orixe do aumento de alteracións neurocondutuais. Arguméntase que, de aplicar o principio de precaución, se minimizaron os prexuízos para a saúde humana do uso de produtos químicos sintéticos no pasado e no presente.

Como citar este artigo:

Armesto Ramón, C. (2024). O principio de precaución na química. Boletín das Ciencias, 97, 89-104. DOI: 10.54954/202497089