Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 155-165 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987155
Acceso ao artigo completo en PDF
O Galicion foi nomeado Oganesson. A utilidade da predicibilidade química de Mendeleev na didáctica da aula
Manuel R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Rosa Pedrido e María J. Romero (Universidade de Santiago de Compostela)
Hai máis de 40 anos, un de nós e outros profesores do departamento de Química Inorgánica da USC, publicamos o libro “Química Inorgánica. Esquema orientativo y cuestiones fundamentales”. Nese libro pretendiamos desenvolver máis e mellor o temario da materia de Química Inorgánica nesa época e, ao mesmo tempo, facer propostas de cuestións de dificultade crecente, para resolver nos seminarios, que levaran ao alumnado a afondar e comprender mellor os distintos conceptos básicos de dita materia. Neses seminarios pretendíase facer soñar ao alumnado coa posibilidade de construír nova química, partindo dos conceptos teóricos aprendidos na aula, e amosarlles como se podía conseguir.
O libro era o resultado das experiencias nosas, na aula e nos seminarios, axudando ao noso alumnado a afondar nos coñecementos teóricos necesarios para poder desenvolver e construír a nova química inorgánica. Nun dos moitos exercicios propostos dicíase: “Vense de sintetizar o novísimo elemento químico artificial con Z= 118, chamado Galicion. Escribe a súa configuración electrónica e fai a predición de: grupo do sistema periódico ao que pertence; algunhas das súas propiedades físicas; o comportamento químico que é previsible poida presentar; etc.”.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., González-Noya, A. M., Pedrido, R., Romero, M. J. (2019). O Galicion foi nomeado Oganesson: a utilidade da predicibilidade química de Mendeleev na didáctica na aula. Boletín das Ciencias, 87, 155-165. DOI: 10.54954/201987155.