O fascinante grupo dos lantanoides: terras raras?

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 189-202 (2020)

https://doi.org/10.54954/202090189

Acceso ao artigo completo en PDF

O fascinante grupo dos lantanoides: terras raras?

Aurora Rodríguez Rodríguez, Rocío Uzal Varela, David Esteban-Gómez e Carlos Platas Iglesias (Universidade da Coruña)

Desde o seu descubrimento, a clasificación dos lantanoides como terras raras parecía estar vencellada a aspectos asociados á súa baixa proporción nos diferentes minerais a partir do cales podían ser extraídos, ou incluso á propia dificultade que presentaban para ser illados. A súa sona como elementos raros da táboa periódica acrecentouse incluso co paso do tempo, xa que foron considerados de pouca utilidade e tiveron que pasar moitos anos para poder darlles un uso comercial. Sen embargo, a investigación levada adiante por químicos e físicos a finais do século XX e principios do século XXI, permitiu aproveitar as propiedades únicas destes elementos e atopar aplicacións tecnolóxicas tan variadas como indispensables a día de ho xe na sociedade actual. Á vista da crecente demanda existente no mercado internacional, tanto no eido tecnolóxico como no da biomedicina, parece bastante evidente que o verdadeiramente raro sería non recoñecer a importancia que estas terras raras teñen e terán para as futuras xeracións.

Como citar este artigo:

Rodríguez-Rodríguez, A., Uzal-Varela, R., Esteban-Gómez, D., Platas-Iglesias, C. (2020). O fascinante grupo dos lantanoides: terras raras?. Boletín das Ciencias, 90, 189-202. DOI: 10.54954/202090189.