Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 7-10 (2020)
https://doi.org/10.54954/202089007
Acceso ao artigo completo en PDF
Nomenclatura orgánica: a situación dos localizadores actualmente preferida pola IUPAC
Natalia Abelenda Lameiro (IES Terra de Soneira)
A IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) defínese a si mesma como unha organización científica neutral e obxectiva, autoridade mundial en nomenclatura e terminoloxía química.
No ano 1993 a IUPAC publicou novas recomendacións relativas á Nomenclatura da Química Orgánica que modifican en parte ás xa establecidas no ano 1979. Unha das novidades que se aportan é a de situar os localizadores (numerais e/ou letras) inmediatamente antes da parte do nome co cal se relacionan, agás no caso de formas contraídas tradicionais. As recomendacións máis recentes da IUPAC para a Nomenclatura da Química Orgánica (2013) seguen mantendo a citada consideración nos nomes preferidos pola mesma (os denominados PINs pola súa abreviatura do inglés: preferred IUPAC names).
Como citar este artigo:
Abelenda Lameiro, N. (2020). Nomenclatura orgánica: a situación dos localizadores actualmente preferida pola IUPAC. Boletín das Ciencias, 89, 7-10. DOI: 10.54954/202089007.
