Mulleres e STEM tecnolóxico: estado da cuestión sobre a elección de traxectorias académico-profesionais

Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 47-66 (2020)

https://doi.org/10.54954/202089047

Acceso ao artigo completo en PDF

Mulleres e STEM tecnolóxico: estado da cuestión sobre a elección de traxectorias académico-profesionais

Rocío Núñez Díaz1 e Xesús Ferreiro Núñez1,2 (1Universidade de Santiago de Compostela, 2CIFP Politécnico de Lugo)

No decurso histórico, as mulleres foron vítimas de todo tipo de discriminacións polo mero feito do seu sexo. Focalizando a atención no eido educativo, a incorporación da muller á educación formal foi un proceso longo e laborioso, que non se desenvolveu de xeito lineal, senón que se caracterizou por pequenos avances e fortes retrocesos. No referente aos estudos de carácter técnico e industrial, a presenza feminina foi inexistente durante décadas, e cando apareceron as pioneiras que optaron por cursar estudos relacionados con estes eidos, o seu traballo foi minimizado e os seus éxitos ignorados. A falta de recoñecemento foi total e, en moitas ocasións, foron os homes os que se beneficiaron dos logros que elas conseguiran.
Tomando esta reflexión como punto de partida, o que se buscou na investigación da que dá conta este artigo, e que formou parte dun Traballo de Fin de Máster da USC, foi coñecer a situación actual das mulleres en relación cos estudos de carácter técnico e industrial. Así mesmo, analizouse a persistencia de prexuízos e estereotipos de xénero, propios de épocas pasadas, tratando de verificar de que maneira inflúen na elección da carreira académica.

Como citar este artigo:

Núñez Díaz, R., Ferreiro Núñez, X. (2020). Mulleres e STEM tecnolóxico: estado da cuestión sobre a elección de traxectorias académico-profesionais. Boletín das Ciencias, 89, 47-66. DOI: 10.54954/202089047.