MOVEMENTOS NO PLANO E MOSAICOS CON PROGRAMAS DE XEOMETRÍA DINÁMICA

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 7-16 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395007

Acceso ao artigo completo en PDF

Movementos no plano e mosaicos con programas de xeometría dinámica

Pablo González Ogando (IES Johan Carballeira)

Neste artigo propóñense algunhas tarefas para traballar os movementos no plano na materia de Matemáticas de 3º ESO. A actividade está artellada en torno aos mosaicos e as teselas básicas coas que se constrúen, e contextualizada a partir das mostras que se poden atopar na Alhambra, enlazando deste xeito cunha das competencias clave que menos se adoita traballar nesta materia, a relacionada coa conciencia e as expresións culturais.
O groso da actividade suxerida está baseado na utilización de dous programas de xeometrı́a dinámica que están dispoñibles en liña, son software libre, bastante doados de manexar e non requiren de realizar rexistro ningún: Mathigon e GeoGebra.

Como citar este artigo:

González Ogando, P. (2023). Movementos no plano e mosaicos con programas de xeometría dinámica. Boletín das Ciencias, 95, 7-16. DOI: 10.54954/202395007