MIRANDO O ARCO DA VELLA DESDE OUTRA ÓPTICA

Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 75-80 (2025)

https://doi.org/10.54954/202599075

Acceso ao artigo completo en PDF

Mirando o arco da vella desde outra óptica

Ramón Cid Manzano

A intención deste artigo é o aproveitamento dun fenómeno natural, espectacular e non moi frecuente de ser observado -os arcos supernumerarios ou arcos de interferencia- para nos achegar ao estudo parcial do arco da vella desde a aproximación ondulatoria, dentro do currículo do ensino da Física en Bacharelato. Unha segunda consideración, entendo que non menos interesante, diríxese cara animar ao lector ou lectora á procura deste fenómeno, se non o ten observado aínda, a próxima vez que observe un arco da vella.
A fin de que este artigo poida ter interese, máis aló do que ten para o profesorado desta materia en concreto, inclúense algunhas consideracións xerais iniciais sobre este tópico.

Como citar este artigo:

Cid Manzano, R. (2025) Mirando o arco da vella desde outra óptica. Boletín das Ciencias, 99, 75-80. DOI: 10.54954/202599075