Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 49-62 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987049
Acceso ao artigo completo en PDF
Mirando máis aló do Sistema Periódico
Sandra Fernández Fariña, Luis M. González Barcia, Miguel Martínez-Calvo e María J. Romero (Universidade de Santiago de Compostela)
A elaboración da táboa periódica actual foi un proceso complexo e longo no cal foron protagonistas moitos científicos e científicas. Entre eles atopábase o químico ruso Mendeleiev, que pasou á historia como o seu autor principal.
Na actualidade, a táboa periódica permítenos clasificar aos elementos químicos de tal forma que as súas propiedades establécense seguindo unha orde marcada polo seu número atómico, a súa masa e a súa posición; polo tanto, o Sistema Periódico representa, a máis sinxela e gráfica ord enación da periodicidade química para cantos elementos químicos constitúen a materia do noso universo.
O profesorado de Química moitas veces non somos conscientes da importancia que ten para o alumnado o feito de que coñezan, canto máis mellor, o Sistema Periódico dos elementos e, hoxe en día, existe un gran descoñecemento por parte do alumnado sobre o mesm o, polo que cómpre insistir na súa aprendizaxe para unha mellor comprensión da química.
Neste capítulo, co fin de espertar o interese do alumnado que comeza a coñecer a qu ímica, temos a intención de amosar que cada elemento químico ten unha pequena historia detrás: que os seus nomes teñen unha razón de ser, que hai polémica na nacionalidade dos descubridores dos elementos…, en definitiva, de espir o Sistema Periódico para que os estudantes poidan descubrir e investigar máis aló do contido puramente químico.
Como citar este artigo:
Fernández-Fariña, S., González Barcia, L. M., Martínez-Calvo, M., Romero, M. J. (2019). Mirando máis aló do Sistema Periódico. Boletín das Ciencias, 87, 49-62. DOI: 10.54954/201987049.