Mecánica cuántica, a Táboa Periódica e algo de Filosofía, unha combinación imbatible na investigación en Química Orgánica

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 215-227 (2020)

https://doi.org/10.54954/202090215

Acceso ao artigo completo en PDF

Mecánica cuántica, a Táboa Periódica e algo de Filosofía, unha combinación imbatible na investigación en Química Orgánica

F. Javier Sardina (Universidade de Santiago de Compostela)

A práctica de calquera ciencia natural ten moitísimo de pescuda intelectual que persegue comprender en profundidade os fenómenos observados e a súas causas e, como corolario dese entendemento, xerar a posibilidade de controlalos para facelos (máis) útiles. Cal sería, entón, un bo consello que un investigador veterano podería darlle a un mozo que emprende a súa primeira peregrinación polos camiños da investigación en Química? Sen dúbida, que encha a súa mochila intelectual coa Lóxica de Aristóteles, as ensinanzas de Os Tres Príncipes de Serendip, a Mecánica Cuántica e a Táboa Periódica. E se carga tamén unha navalla de Ockham en vez dunha suíza, moito mellor.

Como citar este artigo:

Sardina, F. J. (2020). Mecánica cuántica, a Táboa Periódica e algo de Filosofía, unha combinación imbatible na investigación en Química Orgánica. Boletín das Ciencias, 90, 215-227. DOI: 10.54954/202090215.