Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 53-64 (2021)
https://doi.org/10.54954/202192053
Acceso ao artigo completo en PDF
Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento
Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (IES Pontepedriña; Departamento Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela)
Presentamos unha experiencia de aula realizada entre marzo e abril de 2020 cun grupo de 4º de ESO durante o confinamento. Nela conectamos a realidade vital do encerro nas casas coa docencia e aprendizaxe do alumnado.
Empregamos na aula dú as caras da matemática, a do contido docente e a da ferramenta para entender situacións reais cotiás. Na experiencia descrita, usamos as funcións exponenciais e logarı́tmicas para analizar cuestións relacionadas coa pandemia, como as razó ns do rápido crecemento desta e o tipo de evolució n en función do número de contaxios de cada doente. Tamén amosamos como a trigonometrı́a se pode empregar para proporlles ao alumnado problemas relacionados coa xestión do espazo público e en xeral da propia organizació n espacial de xeito cuantitativo.
Analizamos tamén algúns elementos das respostas recibidas, observando a enorme diferenza entre os distintos grupos de alumnado e as dificultades para chegar a unha parte deste.
Como citar este artigo:
Cachafeiro, L. C. (2021). Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento. Boletín das Ciencias, 92, 53-64. DOI: 10.54954/202192053.