Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 61-82 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395061
Acceso ao artigo completo en PDF
Marie Anne Paulze e Lavoisier: o amor e a amizade na ciencia
Manuel R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Xoana Pintos Barral, Sandra Fernández-Fariña, Isabel Velo-Heleno (Universidade de Santiago de Compostela)
Neste traballo queremos dar conta da vida en común de Antoine e Marie, reflexionando sobre algunhas das súas achegas; pero centrándonos fundamentalmente no amor e na amizade que tan frutífera foi e que deu lugar a unha vida investigadora en común de extraordinaria importancia. Pretendemos reflexionar sobre eses escasos 23 anos de vida en común de Antoine e Marie Anne: como marcaron completamente a vida de Marie; como forxaron o seu carácter mediante unha coidada educación; como, esa educación, foi a que lle fixo chegar a ser unha gran científica e a conseguir unha liberdade completa; como, como,…
Este novo traballo sobre Marie Anne pretende amosar novos aspectos da vida amorosa dos Lavoisier; presentámolo coa intención de que se comprenda mellor como foi a vida en común dese extraordinario matrimonio científico da ilustración francesa. O seu Amor e a súa Amizade foron completos ao longo da súa vida en común e chegaron máis aló da morte de Antoine.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., González-Noya, A. M., Pintos Barral, X., Fernández-Fariña, S., Velo-Heleno, I. (2023). Marie Anne Paulze e Lavoisier: o amor e a amizade na ciencia. Boletín das Ciencias, 95, 61-82. DOI: 10.54954/202395061.