Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 239-249 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395239
Acceso ao artigo completo en PDF
Incendios, cambio climático e antropoceno. As súas posibles causas
Constantino Armesto Ramón
O clima cambia, a biodiversidade decrece, a humanidade converteuse en axente xeolóxico, a contaminación química do solo, do aire e da auga é un feito: navegamos polo Antropoceno. Sendo a humanidade a causa común de todas estas transformacións preténdese indagar que tipo de actividades humanas propiciou á chegada da nova época. A explosión demográfica e un crecemento ilimitado da economía nunha biosfera finita condúcennos a un colapso da civilización; outros factores contribúen aos malos agoiros, a especialización dos científicos, a falta de datos sobre o funcionamento dos ecosistemas, aspectos relixiosos que sitúan ao ser humano como amo e non como administrador da Terra, a ignorancia das elites sobre o funcionamento da natureza e a crenza do público no perenne progreso da humanidade.
Como citar este artigo:
Armesto Ramón, C. (2023). Incendios, cambio climático e antropoceno. As súas posibles causas. Boletín das Ciencias, 95, 239-249. DOI: 10.54954/202395239.