Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 51-62 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497051
Acceso ao artigo completo en PDF
Física, metafísica e economía
Constantino Armesto Ramón
Despois de facer unha defensa da ciencia como único método para adquirir coñecemento certo da natureza e de argumentar que a crítica é requisito imprescindible para a boa ciencia; faise unha crítica da física de altas enerxías actual desde dous aspectos: o teórico e o experimental. Con respecto ao primeiro, critícanse as teorías de cordas porque non existen probas experimentais que as abalen; con respecto ao segundo alégase que, se o diñeiro -obrigatoriamente limitado- destinado á investigación invístese en novos superaceleradores de partículas, cada vez máis xigantescos e caros, outros proxectos científicos quedan sen recursos financeiros.
Como citar este artigo:
Armesto Ramón, C. (2024). Física, metafísica e economía. Boletín das Ciencias, 97, 51-62. DOI: 10.54954/202497051