Boletín das Ciencias, núm. 100, páx. 7-108 (2025)
https://doi.org/10.54954/202500007
Acceso ao artigo completo en PDF
Evolución histórica do Boletín das Ciencias
M. Carmen Yebra Biurrun
O Boletín das Ciencias (BdC), publicación oficial da asociación ENCIGA desde 1988, consolidouse como un referente esencial na divulgación e innovación educativa en Galicia. Naceu co obxectivo de mellorar o ensino das ciencias, servir de espazo de intercambio de experiencias docentes para fomentar a formación continua do profesorado, e promover o uso do galego na comunidade científica. Ao longo de 37 anos, publicou números ordinarios, monográficos e as actas dos congresos ENCIGA, adaptándose aos retos sociais, tecnolóxicos e pedagóxicos. Os seus contidos abranguen desde propostas didácticas e de investigación ata reflexións históricas e de xénero, destacando a visibilidade das mulleres científicas. Ademais, nos seus artigos, impulsa a reflexión crítica e a loita contra as pseudociencias e “fake news”, contribuíndo á mellora da cultura científica da cidadanía. No 2025, coa publicación do número 100, o BdC celebra un fito histórico que convida a valorar o seu impacto educativo e cultural, así como os desafíos futuros no ensino das ciencias.
Como citar este artigo:
Yebra Biurrun, M. C. (2025) Evolución histórica do Boletín das Ciencias. Boletín das Ciencias, 100, 7-108. DOI: 10.54954/20250007
