EQUÍVOCOS DA ENTROPÍA EN TERMODINÁMICA, COSMOLOXÍA E BIOLOXÍA

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 257-264 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395257

Acceso ao artigo completo en PDF

Equívocos da entropía en termodinámica, cosmoloxía e bioloxía

Constantino Armesto Ramón

A entropía é unha magnitude física ligada ao segundo principio da termodinámica; principio que testemuña que os procesos naturais son irreversibles: ninguén viu o suceso contrario a un prato roto, a un ovo batido ou a unha explosión; a segunda lei establece que a entropía dun sistema illado nunca decrece, no mellor dos casos permanece invariable, habitualmente aumenta. Cabe argumentar que é a lei física que máis se usa fóra da física; non obstante, cométense algúns erros no seu uso: concretamente, ao facer cálculos termodinámicos en procesos irreversibles, ao identificar a entropía coa desorde, ao esquecerse que a información consume entropía, en fenómenos astronómicos nos que debe terse en conta a gravidade e nos seres vivos. Os estudantes de ciencias estudan por primeira vez este fundamental concepto no bacharelato (16-18 anos); o seu significado debe ser ben matizado para que, en cursos superiores, preconceptos erróneos non obstaculicen a súa plena comprensión. Vou comentar cada unha das fontes de erro con máis detalle.

Como citar este artigo:

Armesto Ramón, C. (2023). Equívocos da entropía en termodinámica, cosmoloxía e bioloxía. Boletín das Ciencias, 95, 257-264. DOI: 10.54954/202395257.