EDUCACIÓN PARA O ANO 2061

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 251-256 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395251

Acceso ao artigo completo en PDF

Educación para o ano 2061

Constantino Armesto Ramón

Os docentes deben educar para o futuro, pero como será o futuro coa incorporación da intelixencia artificial ás nosas vidas? Porque a intelixencia artificial xa está presente nas nosas actividades. Que postos de traballo intelectuais acaparará? Que liberdade teremos se deixamos que a intelixencia artificial tome moitas das nosas decisións vitais? Que será da igualdade social se só a elite, que controla os algoritmos, dispón dos nosos macrodatos (saúde, bancos, facenda, afeccións, fobias, filias)? O autor expón preguntas aínda sabendo que carece de respostas.

Como citar este artigo:

Armesto Ramón, C. (2023). Educación para o ano 2061. Boletín das Ciencias, 95, 251-256. DOI: 10.54954/202395251.