Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 131-137 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395131
Acceso ao artigo completo en PDF
Desenvolvendo competencias na aula de matemáticas coas novas tecnoloxías
Ana María Ocampo Sanmamed (IES Cidade de Antioquía)
Iria Fernández Fontenla (IES San Mamede)
Nesta publicación preténdese dar a coñecer unha forma de crear rutas matemáticas utilizando a aplicación de Math City Map (MCM), que é moi sinxela de utilizar e facilita moito o traballo. Está pensada para achegar as matemáticas ó mundo real que nos rodea, pero podería aplicarse a distintas áreas de coñecemento e relacionalas entre elas, dando un carácter interdisciplinar ao traballo. Partirase das competencias definidas na actual lei de educación (LOMLOE) para analizar a forma en que se desenvolverían nunha actividade con MCM. Posteriormente veranse as vantaxes proporcionadas e daranse unhas pautas para a creación dunha ruta.
Como citar este artigo:
Ocampo Sanmamed, A. M., Fernández Fontenla, I. (2023). Desenvolvendo competencias na aula de matemáticas coas novas tecnoloxías. Boletín das Ciencias, 95, 131-137. DOI: 10.54954/202395131