Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 37-44 (2025)
https://doi.org/10.54954/202599037
Acceso ao artigo completo en PDF
Deseño e impresión 3D: unha proposta didáctica para educación primaria
Diego Pérez Arias (Universidade de Santiago de Compostela)
Este traballo analiza o uso da impresión 3D como ferramenta educativa en primaria, destacando o seu impacto na aprendizaxe das matemáticas. Preséntase unha experiencia docente que inclúe o deseño e impresión de modelos 3D por parte do alumnado, favorecendo a percepción espacial, a creatividade e o pensamento crítico. A implementación da proposta mostrou un gran aumento da motivación, incluso en estudantes con menor interese previo nas matemáticas. Observouse que a maioría do alumnado alcanzou un nivel de comprensión xeométrica intermedio, con algúns casos avanzados. Tamén se destaca a participación dun alumno con TEA, quen demostrou gran habilidade no uso do programa de deseño Tinkercad. A experiencia confirmou que a integración do deseño e a impresión 3D fomenta unha aprendizaxe activa e autónoma, ofrecendo unha aproximación máis inmersiva e práctica á xeometría. O éxito da proposta suxire a súa viabilidade como recurso educativo, promovendo o interese pola ciencia e a tecnoloxía na educación primaria.
Como citar este artigo:
Pérez Arias, D. (2025) Deseño e impresión 3D: unha proposta didáctica para educación primaria. Boletín das Ciencias, 99, 37-44. DOI: 10.54954/202599037
