DESAFÍO NEWTON CAR DO LABORATORIO DE FÍSICA E QUÍMICA

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 109-120 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395109

Acceso ao artigo completo en PDF

Desafío Newton Car do laboratorio de física e química

Marcelino José Veiguela Fuentes (IES Ribeira do Louro)

No presente traballo preséntase un problema aberto de Fı́sica para ser resolto mediante un modelo de indagación guiada. O problema aborda unha situación de aprendizaxe centrada na evolución dos movementos de varios prototipos de Newton Car construı́dos polo alumnado. O proxecto Newton Car challenge, impulsado pola NASA como recurso STEM para educación secundaria, é un desafı́o cientı́fico moi apropiado para ESO e bacharelato. Nesta estratexia de aprendizaxe por indagación, o alumnado en pequenos grupos constitúese en equipos de investigación que traballan e interactúan entre si baixo a dirección do docente que é, en todo momento unha guı́a, proporcionando os saberes conceptuais indispensables. O alumnado, ao constatar que se tiveron en conta todas as súas suxestións e ideas, demostrou en todo momento emocións positivas como confianza e alegrı́a, o cal supuxo unha maior motivación para aprender os conceptos básicos de forza, traballo e enerxı́a presentes nos currı́culos.

Como citar este artigo:

Veiguela Fuentes, M. J. (2023). Desafío Newton Car do laboratorio de física e química. Boletín das Ciencias, 95, 109-120. DOI: 10.54954/202395109.