Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 175-182 (2024)
https://doi.org/10.54954/202497175
Acceso ao artigo completo en PDF
Da terra ao lenzo: a ciencia dos pigmentos do Renacemento
Ángel Vidal Vidal (Universidade de Santiago de Compostela)
Ao longo da historia sempre existiu unha estreita relación entre ciencia e arte. A industrialización e o avance da química sen dúbida trouxeron grandes cambios na forma de crear unha obra de arte, dende o incremento de materias dispoñibles ata un afastamento do coñecemento da orixe, composición, preparación e propiedades dos mesmos. Neste proxecto STEAM+H búscase retornar ás orixes da creación artística sintetizando un pigmento no laboratorio como paso previo a fabricar diferentes pinturas destinadas a realizar intervencións artísticas en soportes variados como xeso, papel ou lenzo.
Como citar este artigo:
Vidal Vidal, A. (2024). Da terra ao lenzo: a ciencia dos pigmentos do Renacemento. Boletín das Ciencias, 97, 175-182. DOI: 10.54954/202497175