Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 21-47 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987021
Acceso ao artigo completo en PDF
D. I. Mendeléiev: unha aproximación ao contexto
Ramón Cid (IES de Sar)
A clasificación periódica de Mendeléiev, publicada por primeira vez en 1869, nun congreso celebrado en Rusia, permitiu que dese a coñecer aos seus colegas os resultados do seu traballo científico. A súa táboa posibilitou situar nun gráfico as importantes relacións químicas que había detrás dos elementos e achegarse ao comportamento xeral da materia. Trátase pois dunha ferramenta conceptual coa que predicir a existencia de novos elementos, permitindo o establecemento de relacións non recoñecidas e adquirindo o papel de memoria e sistema de organización. Nestas páxinas que seguen preténdese situar a Mendeléiev no tempo que lle te tocou vivir desde a perspectiva da Química. Non aparecerán, xa que logo, descricións extensas de carácter biográfico, agás aquelas que sexan estritamente necesarias en relación ao que se está a argumentar. Algúns dos apartados que conforman este artigo teñen como referencias fundamentais estudos anteriores levados a cabo por quen isto escribe, e que, por se tratar de descricións históricas, non teñen cambiado esencialmente. Para realizar o achegamento a ese contexto comezaremos por sinalar brevemente algunhas das controversias máis importantes que había na Química daquel tempo. Seguiremos cun percorrido pola presenza dos elementos químicos e a súa clasificación ao longo do S.XIX; lembraremos a celebración do primeiro congreso internacional de Quimica (Karlsruhe, 1860), que foi de gran transcendencia para un xove Mendeléiev, e remataremos cunhas breves notas relacionadas coa conexión sempre presente do gran químico ruso coa Táboa Periódica.
Como citar este artigo:
Cid, R. (2019). D. I. Mendeléiev: unha apromación ao contexto. Boletín das Ciencias, 87, 21-47. DOI: 10.54954/201987021.