Xosé Rodríguez Carracido e a “lei periódica”

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 97-104 (2020).

https://doi.org/10.54954/202090097

Acceso ao artigo completo en PDF

Xosé Rodríguez Carracido e a “lei periódica”

Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Universidade de Santiago de Compostela)

Como sinalaba Bertomeu XR “resulta difícil atopar referencias ao sistema periódico de Mendeleiev nos manuais de ensino de química na primeira década da súa publicación (1870 -1880) ” xa que na maioría dos países europeos, esta, non comezou a ser coñecida ata a década seguinte: tal como aconteceu en Francia, Suecia ou Dinamarca. Nos países anglosaxóns e nos territorios checos semella que comezou algo antes – no contorno de 1877- e só en Rusia e Alemaña foi algo máis temperán o coñecemento do traballo de Mendeleiev así com o doutras versións contemporáneas da Táboa, como a de Lotar Meyer.
En España, o coñecemento da táboa periódica, tivo unha cronoloxía semellante á dos países do seu contorno pois considérase que o primeiro libro que a recolleu foi o Tratado elemental de química general de Santiago Bonilla Mirat (1844-1899) profesor de química da Universidade de Valladolid, publicado en 1880. Nel, se citan os traballos de Mendeleiev e Meyer nun capítulo dedicado ao atomismo químico no que se sinala a existencia de “relacións moi importantes entre as propiedades físicas e químicas dos corpos e dos seus pesos atómicos, de tal xeito que aquelas están en función periódicacon estes”. Así mesmo, destaca o recente descubrimento dos elementos galio e escandio, dos que predixo a súa existencia Mendeleiev, como unha proba irrefutable do interese e validez da Táboa. Na terceira edición deste tratado (1884), que foi moi popular nas universidades e institutos da época, engádelle a que, posiblemente foi a primeira representación gráfica da táboa periódica aparecida nos manuais de química españois.
Tres anos despois o compostelán Xosé Rodríguez Carracido, daquela catedrático de Química Orgánica da facultade de Farmacia de Madrid, publica o libro La nueva química. Introducción al estudio de la química según el concepto mecánico (Madrid, 1887) no que lle dedica o capítulo IX á “Clasificación periódica de Mendeleeff”.

Como citar este artigo:

Díaz-Fierros, F. (2020). Xosé Rodríguez Carracido e a “lei periódica”. Boletín das Ciencias, 90, 97-104. DOI: 10.54954/202090097.

Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento

Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 53-64 (2021)

https://doi.org/10.54954/202192053

Acceso ao artigo completo en PDF

Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento

Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (IES Pontepedriña; Departamento Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela)

Presentamos unha experiencia de aula realizada entre marzo e abril de 2020 cun grupo de 4º de ESO durante o confinamento. Nela conectamos a realidade vital do encerro nas casas coa docencia e aprendizaxe do alumnado.
Empregamos na aula dú as caras da matemática, a do contido docente e a da ferramenta para entender situacións reais cotiás. Na experiencia descrita, usamos as funcións exponenciais e logarı́tmicas para analizar cuestións relacionadas coa pandemia, como as razó ns do rápido crecemento desta e o tipo de evolució n en función do número de contaxios de cada doente. Tamén amosamos como a trigonometrı́a se pode empregar para proporlles ao alumnado problemas relacionados coa xestión do espazo público e en xeral da propia organizació n espacial de xeito cuantitativo.
Analizamos tamén algúns elementos das respostas recibidas, observando a enorme diferenza entre os distintos grupos de alumnado e as dificultades para chegar a unha parte deste.

Como citar este artigo:

Cachafeiro, L. C. (2021). Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento. Boletín das Ciencias, 92, 53-64. DOI: 10.54954/202192053.

Boletín 91

Contribucións presentadas no XXXIII Congreso de ENCIGA

Presentación do XXXIII Congreso, programa, limiar, agradecementos e reseña dos conferenciantes convidados: Iván Area Carracedo (UVIGO), Ricardo Prego Reboredo (CSIC) e Sonia Villapol Salgado (Texas Medical Center).

Comunicacións

DESENVOLVER A ARGUMENTACIÓN A TRAVÉS DE CUESTIÓNS SOCIO-CIENTÍFICAS: O CAMBIO CLIMÁTICO
Virgina Aznar Cuadrado, María Méndez Otero

AS GRANDES DESCOÑECIDAS DAS CRISES SANITARIAS: AS ZOONOSES. PÓDENSE PREVIR MEDIANTE A EDUCACIÓN?
Belén Blanco Pérez, Virgina Aznar Cuadrado

POKEMON E A SÚA POTENCIALIDADE NA ENSINANZA DAS CIENCIAS DA NATUREZA
Manuel Vidal López, María Cerdeira González

ENFOQUE UNHA SAÚDE DA OMS DENDE CLIMÁNTICA
Francisco Sóñora Luna, Aitor Alonso Méndez, Juieta Dix Montoya

USO DO PEIXE CEBRA COMO MODELO BIOLÓXICO NUNHA SECUENCIA DE INDAGACIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL
María Villar López, Pablo Brocos Mosquera

NOTICIAS FALSAS OU REAIS SOBRE A COVID-19? UNHA SECUENCIA DE ACTIVIDADES REALIZADA CON ALUMNADO DE SECUNDARIA EN PERÍODO DE CONFINAMENTO
Jorge José Pérez Maceira, Blanca Puig Mauriz, Juana Pardo Iglesias

O AMOR ENTRE MARIE ANNE E LAVOISIER
Manuel R. Bermejo, Ana M. González Noya, Xoana Pintos Barral

A TÁBOA PERIÓDICA MÁIS ANTIGA DE GALICIA?
Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro, X. Carlos Rodríguez García

UNHA PROPOSTA PARA O ENSINO CONTEXTUALIZADO DA RADIACTIVIDADE
Ramón Cid Manzano, Isaac Valiño Lema

CANTAS VITAMINAS HAI NO MEU ZUME? DETERMINACIÓN DE VITAMINA C (ÁCIDO ASCÓRBICO) DEPENDENDO DA FROITA E DO TEMPO TRANSCORRIDO
Manuel R. Bermejo, Sandra Fernández Fariña, M. Isabel Fernández García, Beatriz Fernández, M. Inés García Seijo, Esther Gómez Fórneas, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido, María J. Romero, Lara Rouco, Laura Rodríguez-Silva

DETERMINACIÓN DE PROTEÍNAS CO KIT FOTOMETRIX
Wajih Al-Soufi, Ramiro Viéitez Barcia, Mercedes Novo Rodríguez

CANSAT: A CARREIRA ESPACIAL NO INSTITUTO
José Balsa González

VELÁZQUEZ E O PROBLEMA DO MOVEMENTO A MEDIADOS DO SÉCULO XVII
Luis Cachafeiro Chamosa

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA ORIGAMI EN TEMPOS DE CORONAVIRUS
Sandra Yolanda Camiña Codesido, María Teresa Otero Suárez, María Trinidad Pérez López

O LIBRO MARE PLASTICUM – THE PLASTIC SEA, UNHA ARMA CONTRA O PLÁSTICO MARIÑO
Margarita Cimadevila, Wolfgang Trettnak

A NOSA EXPERIENCIA NO BACHARELATO STEM
Equipo STEM do IES Blanco Amor

LA ARISTOCRAICA QUE NUNCA EXISTIÓ
José Manuel Facal Díaz

TI E O TEMPO
Antonio Gregorio Montes, Wajih Al-Soufi, Mercedes Novo Rodríguez

OS PAXAROS DO VII CONDE DE LEMOS. UNIDADE DIDÁCTICA
María Elena Guntiñas Rodríguez

INNOVACIÓN DOCENTE EN LA LUCHA CONTRAINCENDIOS FORESTALES. EL PROYECTO PLANTANDO CARA AL FUEGO
Agustín Merino García, Beatriz Omil Ignacio, Pablo Souza-Alonso, Otilia Reyes-Ferreira, Aurora Puentes, Verónica López, Cristina Alonso, Mar Lorenzo Moledo

XUVENCIENCIA, ESPÍRITO ARGALLEIRO
Mercedes Novo Rodríguez, Wajih Al-Soufi, Marta Veiga Izaguirre

A VIDEOCONFERENCIA, RECURSO EDUCATIVO EN TEMPO DE CRISE?
Clara Segade Liste

O KIT DNA-MEAT PARA STEM
Manel Vera Rodríguez, Belén Reija Otero, Xoán Carlos Rodríguez García

EMOCIÓNS EN ALUMNOS DE SECUNDARIA OBRIGATORIA EN RELACIÓN COA CIENCIA, A TECNOLOXÍA E AS MATEMÁTICAS
César Crespo Vázquez, María Jesús Domínguez Rodríguez, Isabel Gómez Rodríguez, Inmaculada González Torres, Pedro Membiela Iglesia

EMOCIÓNS, COMPROMISO E BENESTAR EN ESTUDANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL
Nerea Álvarez Presa, Borja Rodríguez Domínguez, Pedro Membiela Iglesia

SEGUINDO OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN
Ana Suárez Gamarra, Gonzalo Méndez Martínez, Elena Vázquez Cendón

MATEMÁTICAS: UNHA OLLADA DENDE A EDUCACIÓN PRIMARIA
Ixchel Dzohara Gutiérrez Rodríguez, Marta Pérez Rodríguez, Beatriz Álvarez Díaz, Eduardo Loureiro Novo

APROVEITAR AS LECCIÓNS DO CORONAVIRUS NAS AULAS DE 4º DA ESO
Luis Carlos Cachafeiro Chamosa

AS MATEMÁTICAS A DISTANCIA NO PRIMEIRO CICLO DA ESO
Iria Fernández Fontenla

PODE ACTUAR O ESTÍMULO MATEMÁTICO COMO UNHA FERRAMENTA DE INCLUSIÓN EDUCATIVA?
Alejandro Gorgal Romarís, Teresa Fernández Blanco, Cristina Núñez García, Jesús Conde Lago

LABORATORIO DE FORMAS
Antom Labranha

FRACTAIS. UNHA APROXIMACIÓN
Claudio Martínez Gil

FUNCIÓNS CON MOITA PASTA
Ana Belén Rodríguez Raposo